Para EU de Vigo o debate sobre as obras de infraestructuras e accesos que ten que facer supostamente o concello de Vigo que hoxe introduzo o PP no parlamento é o “problema menor” que agora ten todo o proxecto do novo hospital.
Esquerda Unida sigue considerando que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que o feito de estar concebida mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada coloca todo o proxecto a unha exposición a inestabilidade empresarial e financeira que estamos vivindo no país.
Igualmente considera que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especifícase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes o deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.
EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:
1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”
Quedando como segue:
i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.
Arquivado en: Noticias | Etiquetado: Novo hospital,Vigo | Deixar un comentario »










ESQUERDA UNIDA sigue considerando prioritario que o proxecto do novo hospital de Vigo sexa 100×100 público evitando a entrada na xestión hospitalaria do capital privado, agora ben, existe un risco máis que probable pola maioría parlamentaria do PP de que esta situación non sexa a definitiva polo que considera imprescindible artellar as medidas que impidan o “libre negocio especulativo” que moitos pretenden facer coa sanidade pública. Hai que ter en conta que no contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo inclúense servizos sanitarios.
O grupo parlamentar de IU-A ESQUERDA PLURAL volta a pedir a modificación do artigo único da “Ley 15/1997 do 25 de abril sobre habilitación de nuevas formas de gestión del Sistema Nacional de Salud” que é de facto a que permite que o capital privado participe na xestión hospitalaria e que nunca foi derrogada ou modificada polo acordo parlamentar de PP e PSOE e que facilita que Hospitais como o novo de Vigo sexan abertos á xestión privada.





























