ACTO POLA MEMORIA HISTÓRICA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

ESQUERDA UNIDA URXE AO PSOE E BNG A DERRUBAR “DE URXENCIA E DE ACORDO COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA” A CRUZ FASCISTA DO CASTRO ANTES DA CHEGADA AO GOBERNO DO PP

Simulación de cartel de derribo da cruz do Castro nas pasada eleccións municipais

Para EU a configuración do novo goberno é un perigo para unha Lei de Memoria incumplida reiteradamente polo goberno de Abel Caballero en solitario agora pero antes co apoio do BNG. Unha lexislatura completa e 6 meses de outra non teñen sido suficientes para dar curso á legalidade e a restitución dos valores democráticos na nosa cidade

O coordenador local de EU recorda que varios candidatos e membros do PSOE como Carmela Silva e Santos Héctor asinaron a favor da petición da COMISIÓN VIGUESA PARA A MEMORIA DO 36 de derribar o símbolo franquista polo que pide coherencia política e que presenten a asuman no pleno tal sinatura. A Lei de Memoria establece claramente que é un simbolo franquista e que é un símbolo relixioso polo que ninguén pode artellar unha negativa a tal derribo en base a que o símbolo é unha cruz católica porque na mesma cidade de Vigo en moitas fachadas de igrexas e de acordo coa lei foron retiradas cruces metálicas e o nome de Jose Antonio Primo de Rivera.

ESQUERDA UNIDA recorda que existe unha denuncia presentada por diversos colectivos sociais e politicos da cidade que presentaron ante o xulgado do contencioso-administrativo sobre este tema e pide urxencia ao concello para evitar xudicializar un tema de tan fácil solución. Igualmente para EU a urxencia non é secundaria xa que despois das eleccións municipais en moitos concellos do estado español o PP empezou o traballo de “demolición” da lei de memoria en base a retirada de placas e monolitos e mesmo de cambios de nomes de rúas.

EU loitará por defender esta Lei de Memoria que, aínda que imperfecta polo impedimento do goberno de darlle desenvolvemento e orzamento adecuado, foi un avance real pola memoria democrática e republicana no noso país.

CONCENTRACIÓN POLO DERRUBE DA CRUZ DO CASTRO

Vídeo do acto público para exisir o derribo da cruz do Castro

Novo blogue da Asociación pola Memoria Histórica do 36

A Asociación pola Memoria Histórica do 36 estrea blogue para difundir tódolas novas referentes as súas actividades. Desde Esquerda Unida damos os noso apoio a esta asociación que loita por recuperar a memoria e dignidade dos desaparecidos, torturados, asasinados, e demáis xentes que sufriron a represión franquista e que loitaron pola xustiza e a democracia.

Clica na imaxe para ir o blogue

Esquerda Unida reúnese coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

Esq. a der.: Xesús A. Montero (EU), Rubén Pérez Correa (Candidato de EU), Telmo Pampillón (Presidente MH36), Manolo Garrido (EU), Antonio Monroy (MH36) e Ramón Pérez (MH36)

Esquerda Unida de Vigo tivo un encontro ca Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. Nesta reunión estiveron presentes Rubén Pérez Correa, coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e cabeza de lista as eleccións municipais de 2011,  Xesús Alonso Montero, membro da candidatura de EU e presidente do Foro pola Memoria republicana de Galicia, e Manolo Garrido, responsable da Área de Movementos Sociais. Por parte da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 estiveron presentes Telmo Pampillón, presidente da asociación, Antonio Monroy e Ramón Pérez.

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 achegou varias das súas propostas a Esquerda Unida, entre as cales se atopan principalmente:

 

  • Solicitude a tódalas forzas políticas involucrarse máis nos temas de Memoria Histórica.
  • Derrube da Cruz franquista do Castro e demáis símbolos franquistas e fascistas que aínda perduran.
  • Fomento da Memoria Histórica nas escolas e institutos.

Estrea do documental: O meu nome é Luis ‘Ferreiro’

O vindeiro 9 de decembro, xoves, estrearase o documental na cidade de Vigo. A elección desta cidade non é casual xa que na mesma se desenvolveu a actividade máis relevante do protagonista do filme.  Porén, e aínda que a película recorre distintas localizacións da xeografía galega, a actividade clandestina en Vigo na loita contra a ditadura nos últimos anos do franquismo ocupa un lugar central na mesma: a constitución das CC.OO., a organización do PCG na comarca, a folga do 72…

Á proxeción do mesmo asistirá o protagonista Luís González López.

Na organización da proxección colaboran:
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Asemblea Republicana de Vigo.

LUGAR: Centro Social Caixanova
DATA: 9 de decembro
HORA: 20:00

 

http://omeunomeluisferreiro.blogspot.com/

Memoria do 36: ABAIXO A CRUZ “dos caídos” – Sábado 27 de Novembro ás 17:00

FACEMOS UN CHAMAMENTO AOS PARTIDOS POLÍTICOS, SINDICATOS, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, DEPORTIVAS E TODAS AQUELAS PERSOAS DEMÓCRATAS PARA APOIAR NESTA ACTIVIDADE.

Esixir o derrube da cruz é unha das obrigas que nos impoñen os Estatutos da Asociación.

Fieis os nosos principios, seguiremos denunciando a aldraxe que supón a presenza nun lugar público dun símbolo en homenaxe do horror nazi-fascista inaugurada por Franco o 14  de setembro do 1961.

Insistentemente vimos demandandolle ó  alcalde a súa atención para con esta Asociación, nomeada “Viguesa Distinguida” no ano 2007, dando como resposta o silencio.

O desprezo que o Sr. Alcalde demostra, despois de catro requerimentos para ser recibidos,  non é propio dun demócrata senon mais ben dun persoeiro intolerante.

Lembrar que o PSOE promoveu e aprobou a lei da MEMORIA HISTÓRICA  e tres anos despois seguen sin cumplir o que é unha lei de obrigado cumprimento que non precisa de ningún outro órgano administrativo.

Este incumprimento inclúe tamén  aos partidos políticos que no Parlamento español e no Senado votaron favorablemente.

A directiva da Asociación Viguesa pola Memoria do 36

Asociación Viguesa pola Memoria do 36: Homenaxe aos cidadáns asasinados no Castro de Vigo, Sábado 16 de Outubro ás 18:00 horas.

Acto: LUGAR DE MEMORIA. Inauguración dunha placa e ofrenda floral.

Lugar: Porta do Castelo de O Castro.

Día: Sábado 16 de outubro do 2010, ás 18:00 horas  (6 do serán)

 

Acto de homenaxe e recoñecemento aos máis de 136 homes asasinados contra  os muros do castelo do Castro entre agosto do 1936 e abril do 1942, despois de ser sometidos a torturas e condenados a morte acusados de REBELIÓN MILITAR, en xuizos sumarios.

 

Queremos manifestar, que en este acto non imos honrar aos “mortos na guerra civil española”. Imos honrar os asasinados polo fascismo franquista.

 

Queremos deixar claro que en Galicia non houbo guerra, e que as matanzas foron selectivas, cumplindo as “consignas” do xeneral Mola:

“se tendrá en cuenta que la acción ha de ser extremadamente violenta para reducir al enemigo que es fuerte y bien organizado.  Desde luego serán encarcelados todos los directivos de partidos  políticos, sociedades y sindicatos no afectos al movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas.  ¿Parlamentar? ¡¡Jamás!!  Esta guerra tiene que terminar con el EXTERMINIO  de los enemigos de España Hay que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación eliminando, sin escrúpulos ni vacilación, a todos los que no piensen como nosotros.  Cualquiera que sea abierta o secretamente defensor del frente popular debe ser fusilado”.  E, ademáis, que as matanzas entre o 1939 e  1942, están fora do periodo de guerra.

 

Arestora, estase outra volta, a querer xuntar vítimas e verdugos como si todos foran da mesma caste. Pois non. As vítimas teñen o seu lugar na historia e os verdugos tamén, pero cadaquén no lugar que lle corresponde, e porén

 

ESIXIMOS

VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN

Proxección do documental “O tempo da Memoria”

MARCO (Museo de Arte Contemporáneo)

rúa Príncipe 54 – VIGO

Xoves 6

ás 19:30 horas


O TEMPO DA MEMORIA

Documental

Unha produción do

Foro pola Memoria

de Galicia

Co apoio do Ministerio da Presidencia

presentación:

Prof. Xesús Alonso Montero, Presidente do Foro pola Memoria de Galicia

e o director Jorge Gil

Sinopse: “O tempo da memoria” (España, 2009) é a historia da vida e morte de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, detidos en 1948 e procesados xunto a outros comunistas por loitar contra o réxime fascista de Franco. As torturas e castigos que sufriron e as irregularidades dun xuizo perdido de antemán, son un exemplo da brutalidade do terror imposto pola represión franquista en Galicia e España. Este documental é unha breve homenaxe para intentar rescatar a memoria agochada no esquecemento, a memoria enterrada no tempo, a memoria como primeira semente da liberdade, a memoria para acadar a xustiza

Ficha Técnica
Dirección: Jorge Gil
Idea e investigación: Carlos Portomeñe e Jorge Gil
Edición: Txabi Mira
Fotografía: Rodrigo Chico
Música: Alvaro Pérez
Son: Lúa Filmes e Antonio Ramos
Coordinador Foro pola Memoria de Galicia: Jesús Liste
Produción Delegada: Lúa Filmes
Textos: Jorge Gil e Txabi Mira
Soporte: Vídeo
Idioma: Galego
Duración: 75 minutos
Copyright: Foro pola Memoria de Galicia
Web: www.otempodamemoria.com

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: