ESQUERDA UNIDA URXE AO PSOE E BNG A DERRUBAR “DE URXENCIA E DE ACORDO COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA” A CRUZ FASCISTA DO CASTRO ANTES DA CHEGADA AO GOBERNO DO PP

Para EU a configuración do novo goberno é un perigo para unha Lei de Memoria incumplida reiteradamente polo goberno de Abel Caballero en solitario agora pero antes co apoio do BNG. Unha lexislatura completa e 6 meses de outra non teñen sido suficientes para dar curso á legalidade e a restitución dos valores democráticos na [...]

CONCENTRACIÓN POLO DERRUBE DA CRUZ DO CASTRO

Novo blogue da Asociación pola Memoria Histórica do 36

A Asociación pola Memoria Histórica do 36 estrea blogue para difundir tódolas novas referentes as súas actividades. Desde Esquerda Unida damos os noso apoio a esta asociación que loita por recuperar a memoria e dignidade dos desaparecidos, torturados, asasinados, e demáis xentes que sufriron a represión franquista e que loitaron pola xustiza e a democracia.

Esquerda Unida reúnese coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

Esquerda Unida de Vigo tivo un encontro ca Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. Nesta reunión estiveron presentes Rubén Pérez Correa, coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e cabeza de lista as eleccións municipais de 2011,  Xesús Alonso Montero, membro da candidatura de EU e presidente do Foro pola Memoria republicana de Galicia, [...]

Estrea do documental: O meu nome é Luis ‘Ferreiro’

O vindeiro 9 de decembro, xoves, estrearase o documental na cidade de Vigo. A elección desta cidade non é casual xa que na mesma se desenvolveu a actividade máis relevante do protagonista do filme.  Porén, e aínda que a película recorre distintas localizacións da xeografía galega, a actividade clandestina en Vigo na loita contra a [...]

Memoria do 36: ABAIXO A CRUZ “dos caídos” – Sábado 27 de Novembro ás 17:00

FACEMOS UN CHAMAMENTO AOS PARTIDOS POLÍTICOS, SINDICATOS, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, DEPORTIVAS E TODAS AQUELAS PERSOAS DEMÓCRATAS PARA APOIAR NESTA ACTIVIDADE. Esixir o derrube da cruz é unha das obrigas que nos impoñen os Estatutos da Asociación. Fieis os nosos principios, seguiremos denunciando a aldraxe que supón a presenza nun lugar público dun símbolo en homenaxe do [...]

Asociación Viguesa pola Memoria do 36: Homenaxe aos cidadáns asasinados no Castro de Vigo, Sábado 16 de Outubro ás 18:00 horas.

Acto: LUGAR DE MEMORIA. Inauguración dunha placa e ofrenda floral. Lugar: Porta do Castelo de O Castro. Día: Sábado 16 de outubro do 2010, ás 18:00 horas  (6 do serán)   Acto de homenaxe e recoñecemento aos máis de 136 homes asasinados contra  os muros do castelo do Castro entre agosto do 1936 e abril [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 28 segidores