RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

EU CONSIDERA UNHA “TOLEMIA” SUBSTITUÍR ZONAS VERDES EN NAVIA POR APARCADOIROS

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera que tanto Xunta como Concello, enfrascados na paternidade do proxecto, deberían ter en conta que o proxecto urbanístico para Navia e as modificacións que se artellen teñen que respectar os espazos verdes por sostenibilidade e calidade de vida dos veciños e veciñas do PAU de Navia. Lembra que Vigo firmou a Carta de Aalborg que literalmente di: “las entidades locales se comprometen a aliviar la presión sobre las reservas de capital natural creando otras nuevas, como parques de esparcimiento urbano para mitigar la presión ejercida sobre los bosques naturales”

parque naviaEsquerda Unida considera que en Navia existe suficiente espazo na periferia do PAU para os aparcadoiros e que, sendo gratuítos, seguro que os veciños os prefiren aínda que os tránsitos dende alí a pé ás vivendas sexan un chisco máis longos. Lembra que a explotación deste modelo de aparcadoiros que propón o Concello é PRIVADO E CON AFÁN DE LUCRO, creando unha especie de ZONA VERDE DE APARCAMENTO como existe en Madrid para residentes e que sufre constantes incrementos de tarifa.

A idea de “aparcar á pé da miña casa custe o que custe” seguro que hoxe en día nun barrio con serios problemas de desemprego e precariedade laboral non é o demandado maioritariamente polo que ESQUERDA UNIDA defende a creación de espazos gratuítos e habilitados para o aparcamento sen que supoñan un modelo de explotación privada do espazo viario.

EU considera igualmente que esta proposta de construír aparcamentos en zonas verdes clarifica o porqué do abandono das mesmas no barrio, “interesa premeditadamente degradalas para xustificar outro uso non presente na formulación”.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA BOA NOTICIA A VISITA DUNHA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO ANTE AS REITERADAS DENUNCIAS SOBRE A CONTAMINACIÓN NA RÍA DE VIGO

O vindeiro 13 de febreiro esta comisión europea visitará a ría de Vigo e manterá xuntanzas con cidadáns e organizacións peticionarias e visitará espacios da ría que teñen sido reiteradamente denunciados polos altos niveis de contaminación (depuradora de Coruxo) ou por ser espacios con constantes agresións medioambientais (proxecto do Porto da Lagoa en Teis ou espacios sometidos a aterramentos e recheos). EU lembra que foio o eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer (que participará nesta comisión presidida polo eurodeputado do Partido Popular Europeo Philippe BOULLAND) o que en 2010 solicitou formalmente a visita a Vigo durante unha comparecencia de veciños de Coruxo e Teis no Parlamento Europeo. Lembra que PSOE e PP non quixeron nesta comisión que esta visita se producira.

Xunqueira LagaresO borrador da proposta da visita da comisión europea di textualmente que : “El Comité de Peticiones ha recibido un total de 11 peticiones de ciudadanos en la comunidad española autónoma de Galicia. Los solicitantes denuncian los altos niveles de contaminación de agua en varias áreas costeras, notablemente en varios estuarios de diversidad biológica notable e incluyendo un sitio de Natura2000. Las causas parecen ser prácticas de tratamiento de aguas negras sobre todo urbanas en un número de puntos, y también un número de instalaciones industriales. Las dos áreas principales geográficas concirnieron son la Bahía de Vigo y dos estuarios alrededor de un Coruna y la Ferrol.

O Coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera “oportuna” “necesaria” e que ten que poñer “as cores” ao Concello de Vigo pola súa nefasta xestión da política de depuración de aguas, “á Xunta de Galicia e ao Porto de Vigo” por permitir portos deportivos e recheos en zonas costeiras e de alto valor ecolóxico e marisqueiro. Esta visita, para o coordenador local de EU, “ten que ser un serio correctivo para tres administracións con nula sensibilidade medioambiental con respecto a nosa ría.

Esquerda Unida de Vigo aproveitará a visita para denunciar proxectos como o do Porto Deportivo de Canido e denunciar que a nova depuradora proxectada en Coruxo “non solucionará os problemas de depuración de agua en Vigo” e quederá obsoleta en pouco tempo como a anterior.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA A TALA DE ÁRBORES NA CIDADE COA ESCUSA DAS HUMANIZACIÓNS

EU de Vigo denuncia a nova tala de superficie arbolada en Vigo feitas baixo a insignia das humanizacións que véñense realizando nas rúas de Vigo polas cale pagamos un custo elevado, 10 millóns de Euros en 2012 e unha xeración de postos de traballo moi pouco relevante, aprox. 100 postos de traballo durante 4 meses.

EU considera que de novo a Cidade de Vigo esquence que pertence á Rede de cidades para o Clima dende 2007 da que o  Alcalde de Vigo foi Presidente da Rede durante 3 anos e que defende o mantemento da superficie arborada fronte as chamadas “áreas verdes” en ocasións simples plantacións de céspede sen máis espacio vexetal.

ESQUERDA UNIDA lembra que a VI asemblea da Rede preocupouse da sostibilidade e utilizou como eixes: a mobilidade, a edificación e planificación urbana, así como a enerxía e a xestión de residuos. Amparado neste concepto, de resultado máis que dubidoso, se procede en Vigo con frecuencia á talla de árbores, porque, supostamente, molestan ao ámbito.

Nunha das cidades mais ruidosas e mais contaminadas de Galicia co espazo arbóreo mais exiguo da CCAA é, polo menos, impresentable que se talle unha soa árbore e menos poñendo a “humanización” por bandeira.

Dende Esquerda Unida queremos presentar a nosa mais firme repulsa a esta forma de proceder dun Goberno Municipal insensible aos problemas medio ambientais. Non esquezamos que a devandita humanización xera retencións de tráfico co conseguinte incremento de contaminación e ruído. Se a iso lle engadimos a redución de espazos verdes estamos a socavar a sostibilidade sen achegar nada a cambio.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO MANTÉN HOXE UNHA XUNTANZA COS COMITÉS DE EMPRESA DE ADIF E RENFE OPERADORA

EU de Vigo nunha xuntanza anterior co comité de empresa de Adif

EU DE VIGO VAI DAR TRASLADO DO APOIO DA FORMACIÓN Á FOLGA DO DÍA 3 DE AGOSTO e a súa defensa da potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade.

EU considera oportuna e necesaria a FOLGA XERAL EN RENFE E ADIF despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, decreto que , escudándose na precaria situación económica, procede a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos.

EU trasladará a súa preocupación porque no borrador do 13 de xullo proposto polo goberno, confírmase que de aquí a finais de ano, pecharanse liñas de tren, estacións e servizos que só leven un 15% de ocupación. Con estas medidas, ademais, acelérase o desartellamento do territorio galego que se puxo en marcha coas liñas do AVE.

EU de Vigo trasladará igualmente a constatación da executiva nacional de Esquerda Unidaa de que a inversión pública feita en Renfe se pón agora ao servicio do sector privado.

A “reestruturación” do sector pasa pola creación de 4 Sociedades Mercantiles Estatales que cederán ao sector privado a infraestrutura que precisen minimizando así a inversión privada e maximizando os seus beneficios.

ESQUERDA UNIDA TRASLADARÁ AO SEU EURODEPUTADO WILLY MEYER A SITUACIÓN DAS PROTECTORAS DE ANIMAIS

Nave onde apareceron toneladas de animais mortos nas Neves

ESQUERDA UNIDA TRASLADARÁ AO SEU EURODEPUTADO WILLY MEYER A SITUACIÓN DAS PROTECTORAS DE ANIMAIS E DOS GRAVES INCUMPLIMENTOS DE CONCELLOS E CONCESIONARIAS DE RECOLLIDA DE ANIMAIS NO SUR DE PONTEVEDRA
 
EU considera que a aparición dunha nave onde se almacenaban toneladas de animais mortos en As Neves é a constatación dunha política de incumplimentos dos dereitos dos animais, da insensibilidade social xa que moitos animais poderían ser animais de compañía entregados despois do falecemento e sobre todo de directivas europeas de sanidade e sacrificio animal. EU quere que a Comisión Europea investigue se coa crise e os recortes se está xeneralizando o sacrificio masivo de animais sanos en protectoras do sur de Pontevedra. EU pide a creación nos concellos da comarca dun CONSELLO SECTORIAL DE PROTECTORAS DE ANIMAIS como así ven de aprobar o concello de Zaragoza por iniciativa de IU para buscar o “sacrificio cero” nos mesmos.

O responsable comarcal de medio ambiente, Oscar Benavides, lembra que diversas organizacións de protección animal veñen de vello denunciado a xeneralización do uso de eutanásicos prohibidos, masificación de animais nas protectoras e incluso prácticas veterinarias feitas por non titulados, polo que a Comisión Europea debería intervir de inmediato de acordo coas normativas comunitarias.
 
Concellos como Vigo, Ponteareas ou Redondela, considera EU, poder perfectamente constituír un consello sectorial aberto a todas as asociacións e entidades relacionadas coa protección animal para avanzar no obxectivo de “sacrificio cero” e na creación de figuras como a adopción temporal e outras campañas que contribúan a sensibilizar contra os malos tratos animais.
 
Dito consello municipal debería volta a redactar a ordenanza municipal para especificar en que condicións pódense retirar animais das Protectoras e, en particular, os criterios de identificación e vacinación dos animais.
 
EU considera que existen recursos suficientes para tales melloras e lembra que protectoras como as de Vigo reciben 70.000 euros das arcas municipais para tal fin ademáis das donacións privadas que se artellan.

ESQUERDA UNIDA SÚMASE AO DIA MUNDIAL DA AUGA (XOVES 22 DE MARZO) DEFENDENDO A REMUNICIPALIZACIÓN DA AUGA E O SANEAMENTO EN VIGO

EU sacará mañá XOVES 22 á rúa de novo mesas para recoller sinaturas pedindo O REFERENDO MUNICIPAL sobre a prórroga a AQUALIA e defendendo unha xestión pública e eficaz do suministro de auga e o seneamento en Vigo

A área comarcal de Medio Ambente de EU de Vigo considera que a Declaración da Esquerda Europea con ocasión do Foro Alternativo Mundial da auga celebrado en Marsella, Francia, do 14 ao 17 de marzo de 2012 é a demostración de que hai un forte movemento social comprometido na defensa dos recursos naturais e os bens comúns da humanidade, onde destaca de forma especial a auga, un recurso vital e escaso. O FORO suliñou que do mesmo xeito que o aire, o sol e os bosques, a auga é un recurso da humanidade que debe preservarse para manter os ecosistemas que permiten a vida sobre a Terra. A auga non é, en ningún caso, unha mercadoría.

EU defende con firmeza o dereito inalienable ao auga como dereito humano e ben común da humanidade, comprometida na loita por lograr a propiedade e xestión pública da auga e dos servizos de saneamento que eviten a degradación e faciliten a reutilización deste recurso. A crise actual do capitalismo neoliberal pon en perigo o conxunto dos recursos naturais e os bens de propiedade común. Vemos, por exemplo, aos gobernos europeos utilizar a crise como pretexto para establecer un proceso brutal de privatizacións sen límite e en todos os ámbitos. Converteron a débeda pública na punta de lanza do mecanismo destinado a privatizar todo o público, como nos mostra con toda crueza o caso de Grecia, onde en dous meses privatizaranse todas as entidades públicas que xestionan a auga.

Para EU, a implicación da cidadanía, como usuarias da auga, das asociacións ecoloxistas, dos sindicatos, das asociacións veciñais e das administracións públicas locais, é un obxectivo esencial na loita contra a ameaza de privatización. Por iso apoia a ampla loita social que se desenvolve en Europa en defensa da auga e, sobre todo, apoia o método do referendum promovido desde a base da sociedade que abre a consulta a toda a cidadanía sobre a propiedade e xestión pública da auga (Italia, Portugal, España, Francia,).

Todos os partidos de esquerda reunidos en Marsella consideran que só un verdadeiro servizo público pode garantir o dereito á auga. Este servizo público ten que fundarse sobre unha organización descentralizada e controlada localmente polos plenos municipais e parlamentos autonómicos, acódelas usuarias e o mundo do traballo. Isto non pode ser realizado máis que co soporte financeiro do estado nos ámbitos autonómicos, estatais e europeos, colectivizando os medios para facilitar a repartición de cargas de forma xusta e solidaria, con acceso universal e equitativo á auga e ao saneamento independentemente do lugar onde se viva, creando a formación profesional regulada na área do coñecemento relativa á auga e desenvolvendo a investigación científica pública neste terreo xa que hoxe está acaparada pola multinacionais da auga. Na práctica, o devandito tradúcese na garantía de acceso á cantidade mínima de auga que necesita cada persoa para vivir (50 litros de auga por día e persoa segundo a recomendación de Nacións Unidas), e nunha xestión que diferencia os usos da auga (domésticos, agrícolas, industriais, de luxo,…) como resposta ao interese xeral da cidadanía.

EU considera que o exemplo da xestión da auga en Vigo, privatizada e xestionada pola empresa AQUALIA, fai necesario abordar xa a nivel local estas ideas que están extendéndose por toda europa de defender un modelo público, eficiente e medioambientalmente sostible.

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE DE EU VIGO

ESQUERDA UNIDA AVOGA POR RECUPERAR UN MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE EXCLUSIVO ANTE A DIMENSIÓN DA CRISE ECOLÓXICA QUE VIVE O ESTADO ESPAÑOL

Eva Solla, nº 2 da candidatura de Esquerda Unida ao Congreso por Pontevedra, suliña que soamente EU ten defendido inamoviblemente durante estes derradeiros 25 anos de existencia a erradicación da enerxía nuclear do mix enerxético español e o aumento da fiscalidade ambiental para as empresas máis contaminantes.

 Como elementos básicos a desenvolver na vindeira lexislatura, tralas eleccións xerais do 20 de Novembro de 2011, EU propón:

 1-     A creación dun Ministerio de Medio Ambiente que atenda de maneira exclusiva as cuestións derivada da conservación, coidado e protección do medio.

2-     Unha reforma da Ley de Solo, introducindo criterios claros de obrigado cumplimento por parte das distintas autonomías e que articule canles de participación democrática da cidadanía.

3-     Modelo enerxético de enerxías renovables, decentralizado e público. Substitución de combustibles fósiles e uranio por fontes renovables ao tempo que da pulo ao aforro e a eficencia enerxética.

4-     Peche de tódalas centrais nucleares e plantexar unha estratexia clara de xestión de residuos nucleares segura e responsable.

5-     Creación dunha Lei Xeral de Transporte Sostible de carácter universal e público, que promova e abarate o transporte público, dándolle pulo ao criterio de a pé, en bicicleta e en tren.

6-     A auga como dereito humán e un ben público de xestión pública.

7-     Políticas medioambientais transparentes, promoveremos que as obras públicas teñan informes de impacto ambiental elaborados por organismos públicos e independentes entre outras medidas.

8-     Reforma da Lei Xeral de Residuos cunha reglamentación que aposte por reforzar a xestión pública con técnicas non contaminantes e que non emitan gases de efecto invernadero.

9-     Lei de Protección animal.

10- Lei de Paisaxe.

11- Nova Política Agraria Común, PAC, na Unión Europea, capaz de defender a agricultura familiar, protexer o medio ambiente e poñer coto ao control da cadea agroalimentaria por parte de grandes empresas. Políticas agrarias e alimentarias no marco da soberanía alimentaria.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ANTE O PLAN DE TRANSPORTE 2050 EUROPEO

PARA ESQUERDA UNIDA DE VIGO A ESTRATEXIA  DO GOBERNO CENTRAL DE PRIVATIZAR RENFE OPERADORA E ADIF CAMINAN CONTRASENTIDO DA NOVA ESTRATEXIA EUROPEA TRANSPORTE 2050 PARA REDUCIR AS EMISIÓNS.

A Comisión Europea ven de adoptar unha iniciativa global para lograr un sistema de transporte competitivo que aumente a mobilidade e reduza as emisións, denominada “Transporte 2050”. O obxectivo xeral desta iniciativa é reducir a dependencia de Europa do petróleo importado e reducir as emisións de carbono no transporte un 60% en 2050. Nesa estrexia o punto esencial consiste en lograr unha transferencia modal do 50% do transporte por estrada ao ferroviario e fluvial en distancias medias interurbanas. Hoxe en día máis do 80 % do transporte de mercancías na nosa comarca e no estado español realizase por estrada e co desmantelamento progresivo de Mercancías Renfe axudouse interesadamente a que así fose.

EU recorda que lamentablemente as infraestructuras que soporta Vigo están pensadas para este transporte e mesmo as novas como o AVE ou as inversións aeroportuarias están pensadas para o transporte de pasaxeiros e non mercadorías.

Para EU este feito vai contra a realidade europea do tráfico de mercadorías, xa que é crecente pola internacionalización da economía, e a apertura dos mercados ao exterior como consecuencia da creación de espazos económicos superiores ao estatal Existen algúns factores produtivos que teñen que contribuir a aumentar o volume de mercadorías transportadas:

  • Concentración das fases finais de produción nun número cada vez máis reducido de instalacións (fusións, integracións) desde onde se envian os produtos terminados a longas distancias.
  • Dependencia, pola contra, dun número cada vez maior de provedores para realizar as etapas do proceso produtivo ou subministracións.
  • Xeneralización de sistemas “just in time” que obrigan a multitude de servizos de subministracións en pequenos lotes, en contraposición a un modelo de grandes stocks en almacéns.
  • Afastamento físico das zonas agrícolas subministradoras das zonas urbanas polo propio crecemento xeográfico destas áreas que absorberon terras agrícolas e incentivaron o abandono da agricultura familiar por outras actividades de servizos

Na distribución dese tráfico de mercadorías, resulta que o ferrocarril só alcanza un 3 % do tráfico total de mercadorías transportadas no Estado español, en contraposición da media europea que é dun 8%. Dita diferenza vén explicada polo peso superior que ten o transporte na estrada a nivel español respecto de nivel europeo.

Esta estrutura no transporte de mercadorías, desfavorable ao ferrocarril, ten como resultados máis destacables:

  • Custos ambientais superiores (tres veces máis de emisións por cada Tonelada e Km, no caso da estrada respecto ao ferrocarril).
  • Perdas de competitividade xeral da economía por custos de Conxestión (horas perdidas en atascos, etc.).
  • Maiores índices de accidentabilidade e gravidade dos accidentes no sector do transporte de estrada que no do ferrocarril.
  • Maior precarización laboral ao ter a estrada peores condicións laborais que o ferrocarril por existir múltiples empresas e xunto a grupos numerosos de autónomos onde o prezo é a variable clave na competencia entre eles.
  • Maior ocupación do territorio en infraestruturas viarias.

Por algunhas destas causas a Comisión Europea presentou o 12 de setembro de 2001 o Libro Branco sobre a Política Europea de Transportes de face ao 2010, onde aposta decididamente por aumentar o tráfico de mercadorías ferroviario xunto ao marítimo e fluvial, por cuestións de eficiencia económica e ambientais.

A finais de 2006 RENFE-MERCADORÍAS, que é a empresa pública operadora do servizo de mercadorías ferroviarias proveniente da antiga RENFE, anuncia a decisión de eliminar trens de carga “multicliente” (trens cuxa carga é compartida entre varios clientes) substituíndo, nalgúns casos (non en todos), esa oferta por trens “de carga completa”. Dita decisión, levará, segundo datos da UOTC (Unión de Operadores do Transporte Combinado), o transvasamento de medio millón de toneladas do transporte ferroviario ao transporte por estrada, ao marxinar a todos os clientes que non poidan encher un tren por se mesmos.

Paralelamente ADIF, que é a empresa que xestiona a infraestrutura ferroviaria por onde se ofrecen os servizos ferroviarios de transporte, adopta unha actitude pasiva respecto diso. Simplemente asume o rol de facer valer o seu papel de xestor único das infraestruturas, vías, terminais, etc. exclusivamente para cobrar un canon aos futuros operadores privados sen que se lle coñeza política activa de promoción do uso das infraestruturas que xestiona, despreocupándose de conseguir melloras na eficiencia social nin crecemento do seu negocio. A súa estratexia é lograr pura e unicamente a eficiencia económica, da seguinte forma:

  1. Peche de pequenas e medianas terminais de carga (por exemplo Noaín, Valladolid, etc.), cuxo peche diminúe a capilaridad da rede de transporte ferroviario de mercadorías e sitúa peor, nun futuro, esta forma de transporte en termos de custo, operativos e calidade do servizo respecto ao transporte por estrada.
  2. Privatización das terminais rendibles de carga (por exemplo en Barcelona, TCB e Porto) que serven para maquillar os resultados presentes, pero que afectará negativamente á conta de resultados futuros, así como a coherencia dunha concepción de rede ferroviaria de mercadorías futura.
  3. Recortes de persoal, que se expoñen unha vez pasadas as eleccións sindicais. Dita medida, rechazable por antisocial, reducirá ademais a súa capacidade de crecemento afectando o seu papel de liderado na promoción do transporte de mercadorías ferroviario futuro. Dita diminución non só virá dada en termos cuantitativos (en número de persoas), senón tamén en termos cualitativos, xa que se trata de persoal con moitos anos de experiencia, que será necesaria para cambiar a tendencia na situación.

Medio millón de toneladas de mercadorías, segundo indican datos da Unión de Operadores de Transporte Combinado, transvásanse do ferrocarril á estrada como consecuencia da supresión de trens de mercadorías pola eliminación dos chamados “trenscliente” de colectores. A estratexia de RENFE-MERCANCIAS debería incentivar o uso do transporte ferroviario de mercadorías, chegando a un maior número de clientes, non concentrándose só en poucos clientes moi rendibles.

Para ESQUERDA UNIDA, Vigo e a súa área industrial teñen inevitablemente que apostar polo ferrocarril non só por eficiencia enerxética senón porque a súa rendabilidade e perfectamente positiva se se fai unha xestión eficiente e dende vocación de servicio público.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A DECLARACIÓN DE ILEGALIDADE DÁ NOVA DEPURADORA DE LUGO SENTARÁ XURISPRUDENCIA PARA FACER O MESMO COA DO LAGARES

A área de Medio Ambiente de ESQUERDA UNIDA de Vigo recorda que en 2007 xa foi declarada ilegal polo mesmo motivo a depuradora do río Gafo (Asturias) en primeiro lugar porque non respectaba os limítes legais de distancia 2.000 metros a núcleos habitados de poboación (RAMINP), de obrigado cumprimento segundo reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo (Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, Sección 5ª, de 1 de abril de 2004, sobre o Recurso de Casación núm. 5921/2001 interposto polo Concello de Aranda de Duero pola mala localización dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Agora e baixo a xurisprudencia creada pola ilegalización dá EDAR asturiana ou tribunal supremo declara ilegal a depuradora construída por ACCIONA en Lugo e inagurada á présa e correndo pola ministra de agricultura e medio ambiente Rosa Aguilar. Incluso a presencia de casas dentro dos límites dos 2 km no caso lucense é inferior a presencia de casas no entorno da EDAR de Vigo polo que a consideración legal de “entorno agrupado” e inexcusable.

ESQUERDA UNIDA confía en que vos procesos xudiciais abertos polos veciños e organizacións ecoloxistas frutifiquen na declaración de ilegalidade dá actual depuradora do Lagares así como axuden á paralización do proxecto de ampliación, electrificación e construción do novo emisario submarino.

O coordenador local de EU Rubén Pérez igualmente lembra que na zona existen 5 zonas de interese comunitario segundo o Anexo I da Directiva 43/92/CEE, un deles (os bosques aluviales de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) catalogado como Hábitat de Interese Prioritario. O cinco hábitats de interese comunitario localizados na área de estudo son hábitats escasos no contexto xeográfico rexional, por estar vinculados a ambientes de extensión reducida como son os marismeños, lagunares e pantanosos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: