ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A SUBIDA DO IVE E A ELIMINACIÓN DA PAGA EXTRA DE NADAL AOS TRABALLADORES DO SECTOR PÚBLICO SUPOÑEN A SENTENCIA DE MORTE AO COMERCIO VIGUÉS

EU considera que na cidade de Vigo o pequeno comercio xa estaba notando nestes meses a notable caída de empregados públicos que sinalan os datos do INE e do IGE que din que dos 21.100 empregados públicos do primeiro trimestre de 2011 pasamos aos 19.100 actuais. EU considera que a eliminación de 19.100 pagas extras de nadal é “inasumible para o pequeño comercio, especialmente o que compite directamente coas grandes áreas comerciais”. O PP está firmando a sentencia de morte do pequeno comercio e a pyme local que vai ser incapaz de trasmitir o custe de elevar o IVE ao cliente sen asumir perdas directas”: engade Rubén Pérez coordenador local de EU en Vigo.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo a subida do IVE é o sablazo que o mal gobernante pégalle a todos os seus compatriotas que xa están moi castigados pola crise. EU recorda que foi o propio Mariano Rajoy o que durante o mandato do PSOE dixo literalmente no parlamento: “Subir o IVE é un disparate porque a subida do IVE afecta fundamentalmente a pensionistas e parados”

Para EU a solución non é subir un imposto que pagamos todos igualmente independentemente da renda, a solución pasa por loitar contra o fraude fiscal, incrementar impostos sobre os beneficios empresariais, fiscalizar as sociedades de inversión de capital variable SICAV que tributan actualmente ao 1%, retomar a integridade do imposto de patrimonio, e un largo etcétera de medidas de reforma fiscal que EU ten exposto sistematicamente aos gobernos do PSOE e do PP sen resultado.

EU mobilizarase activamente o 19 de julio con CCOO e UXT na nosa cidade e no conxunto do país contra estre novo roubo da plutocracia económica que sangra ás capas populares do estado español. Non queda outro camiño que enfrontarse dende a rúa a esta agresión sen precedentes.

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CO SECTOR MINEIRO

O vindeiro mércores día 11 de Xullo os mineiros chegan a Madrid na súa Marcha Negra. Izquierda Unida apoia a resistencia mineira e a súa loita polo que os recibirán en Madrid á súa chegada e marcharán con eles o día 11 na Manifestación.

En Esquerda Unida na nosa comarca queremos apoiar tamén esta causa e amosar a nosa solidariedade obreira, polo que convocamos xunto con PCG e XCG unha Concentración o Mércores día 11 de Xullo ás 19:00h diante do MARCO (Rúa do Príncipe, Vigo). Quen poida, que acuda con camiseta, camisa…negra, así o farán tamén en Madrid para recibilos.

CONCENTRACIÓN EN REPULSA AO DESALOXO DE “PROXECTO GATO”

O Concello de Vigo, logo de xuicios, recursos, demoras e protestas, executará a sentencia para desaloxar a Proxecto Gato en 10 días a partir de hoxe.

Proxecto Gato é unha asociación sen ánimos de lucro que leva dende o ano 2008 traballando coa finalidade de controlar e mellorar a calidade de vida do animais e na defensa dos seus dereitos e que poidan vivir en condicións dignas aqueles que non teñen fogar especialmente os gatos, animais que ata o intre en que elas apareceron non tiñan ningún sistema de protección na cidade de Vigo.

Esquerda Unida, xunto con outras organizacións, convoca unha concentración en protesta polo desaloxo da asociación. A mesma terá lugar diante de Proxecto Gato, na Madroa, ás 19:00h o próximo Luns 9.

ESQUERDA UNIDA PARTICIPARÁ NAS MOBILIZACIÓNS DO 20 DE XUÑO

A manifestación partirá ás 20:00 horas dende o cruzamento de Vía Norte con Urzaiz e rematará diante do edificio administrativo da Xunta.

CARTA ABERTA DE ESQUERDA UNIDA Á CIDADANÍA ANTE AS CONVOCATORIAS CONCURRENTES DO 12 DE MAIO EN VIGO

As organizacións sindicais maioritarias no sector da construcción naval (CIG, CCOO e UXT), veñen de convocar para o vindeiro sábado 12 de maio unha manifestación en Vigo en apoio do sector que, lamentablemente e sen entrar a detalle dos porqués, coindice en data e hora coa mobilización global de movementos sociais organizada entre outros por Democracia Real Ya, ECOAR, 15M.

ESQUERDA UNIDA, como movemento político e social non pode máis que lamentar a falla de acordo para confluir nunha soa mobilización. E o facemos porque entendemos que os motivos das dúas convocatorias corresponden a demandas sociais análogas. Porque as dúas convocatorias entenden non temos que ser os traballadores e traballadoras as que paguemos a crise, porque defenden activamente que a corresponsabilidade dos cargos públicos eleitos é coa cidadanía que representan, entre eles uns traballadores e traballadoras do naval que asisten atónitos á apatía dos gobernos ante a dinamitación orquestada dun sector que fai escasamente dous anos aportaba 10.000 postos de traballo directos ao tecido industrial da comarca.

Coñecemos que a data do 12M ten sido escollida a nivel mundial como data na que se celebrarán centos de manifestacións e asembleas en todo o estado, e moitas cidades do mundo, celebrando un ano dos movementos que se deron en chamar 15M pero que son moito máis que unhas siglas, movementos sociais que artellaron unha forma de entender á participación política avanzada e participativa. Sen o 15M no noso país problemas como os salarios e prevendas de cargos públicos, a reforma electoral ou os abusos do sistema financeiro non estarían hoxe na primeira liña do debate político no estado español.

Para ESQUERDA UNIDA visto que se manteñen as dúas convocatorias (por ser unha convocatoria global unha, e por ser imposible artellar unha data que servira de nexo ás tres organizacións sindicais outra) teremos que ser a cidadanía consciente a que fagamos un intento (curioso eso si) de confluencia das dúas mobilizacións.

Confluencia que ten que realizarse dende o espíritu de unidade no obxectivo final que non  é outro que unha democracia real, porque democracia é gobernar e lexislar para a maioria social que non somos outros que os traballadores e traballadoras.

Propoñemos, ante esta tesitura o seguinte:

- OPCIÓN 1: Participar na marcha POLO SECTOR NAVAL con saída o sábado 12 ás 19:00 horas dende o cruce de Lepanto con Urzáiz e participar na lectura do MANIFESTO que realiza a MOBILIZACIÓN GLOBAL 12M na Praza da Estrela

- OPCION 2: Participar na MOBILIZACION GLOBAL que sae a mesma hora dende Praza de España e confluir na Porta do Sol onde os sindicatos leeran a súa vez un MANIFESTO EN APOIO ao SECTOR NAVAL

Coidamos que sería unha boa ponte entre movementos sociais e sindicatos de clase como punto de partida para evitar, no sucesivo, concurrencias de mobilización.

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA EDUCACIÓN E A SANIDADE PÚBLICAS

 

Manifestación ás 12 horas. Saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e remate diante do edificio administrativo da Xunta.

14 DE ABRIL: MANIFESTACIÓN POLA III REPÚBLICA

ESQUERDA UNIDA CHAMA A MOBILIZARSE O 29 DE FEBREIRO

O CONSELLO LOCAL DE EU DE VIGO CHAMA A PARTICIPAR Á CIDADANÍA NA XORNADA DE ACCIÓN EUROPEA CONVOCADA POLO SINDICALISMO DE CLASE EUROPEO E QUE NA DEFENSA DO EMPREGO, OS SERVIZOS PÚBLICOS E CONTRA O GOLPE DE ESTADO EN MATERIA LABORAL.

A devandita mobilización está convoca pola CES (Confederación Europea de Sindicatos), nas vésperas do Consello Europeo, esa malfadada sorte de directorio franco-alemán que tiraniza en clave neoliberal aos pobos e clases traballadoras do continente europeo. Esquerda Unida entende indispensable profundar na xeira de mobilizacións e loita social na defensa dos dereitos sociais e democráticos que a ofensiva posta en marcha polo PP ameaza de xeito radical no noso país e así no conxunto do Estado como en Europa.

Este mércores, día 29, as mulleres e homes de Esquerda Unida tornarán a sumarse enfronte do MARCO ás 20 horas a unha esixencia cívica de cambio social nas políticas europeas, na convocatoria que CC.OO e UGT realizan no marco europeo. Hoxendía segue a ser unha esixencia perentoria a vella fórmula do internacionalismo proletario, que reclama a acción unitaria das clases traballadoras.

Nesa loita sostida, EU avoga polo máximo grao de unidade por parte do sindicalismo de clase do noso país, e polas entidades políticas e sociais que acreditan noutra alternativa política ás actuais directrices neoliberais. Esquerda Unida está certa de que unha vez máis, as mulleres e homes de Vigo van saír ás rúas para demandar na linguaxe veraz e formidable das rúas un futuro distinto mellor para a nosa cidadanía, futuro que pasa inexcusablemente polo fortalecemento duns servizos públicos gratuítos, universais e de calidade, xestionados de xeito público directo.

Xa que logo, EU vai soster a animar as mobilizacións que están a desenvolver as traballadoras e traballadores públicos na nosa cidade.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIARÁ ACTIVAMENTE AS MOBILIZACIÓNS SINDICAIS DO 19 DE FEBREIRO PERO LEMBRA QUE O OBXETIVO INELUDIBLE TEN QUE SER A FOLGA XERAL

EU da comenzo a unha campaña de sensibilización social editando un cartel lembrando a figura de Marcelino Camacho, autor de varias folgas contras as políticas regresivas do goberno e que entendía a Folga Xeral como un medio imprescindible para concienciar á clase obreira.

Para ESQUERDA UNIDA non é verdade que o texto elaborado polo Executivo de Mariano Rajoy vaia a xerar máis emprego, ao contrario, fai o despedimento máis fácil e máis barato, legaliza o traballo precario, acaba coa negociación colectiva e converte aos parados con prestación en voluntarios forzados.

O plan do Goberno Rajoy trata de enfrontar aos parados cos traballadores, coma se uns debésenlles algo aos outros; fai o despedimento máis barato e máis fácil para que algunhas empresas, mesmo sen perdas, poidan despedir máis. Ademáis concreta as razóns obxectivas do despedimento procedente, o que implica que calquera empresa, aínda que non teña perdas reais, pode despedir aos traballadores.

Igual de grave é que a eliminación da autorización administrativa para levar a cabo os expedientes de regulación de emprego ERE e que as indemnizacións por despedimento improcedente pasen de 45 a 33 días por ano traballado.

ESQUERDA UNIDA recorda que a reforma deixa fóra da negociación colectiva a máis do 85% dos traballadores que están nas pequenas e medianas empresas, onde nunha porcentaxe altísima non hai representación sindical, polo que quedan en mans do que se decida en cada empresa ou cada lugar. Os traballadores quedan máis indefensos ante a propia empresa.

RUBÉN PÉREZ: “AS POLÍTICAS PRIVATIZADORAS DA SANIDADE PÚBLICA SON RESULTADO DAS DECISIÓNS PARLAMENTARIAS DO PP E DO PSOE INDISTINTAMENTE”

O cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA por Pontevedra e coordenador local de EU en Vigo anunciou hoxe a participación activa de ESQUERDA UNIDA na movilización pola sanidade pública do 27 en Vigo pero recorda que se o bipartito (PSOE+BNG) puxeran a primeira pedra do novo Hospital de Vigo cando gobernaban hoxe o PP non estaría artellando esta xestión privada do mesmo. O PSOE e o BNG por inoperantes e por panfletarios (anunciando proxectos pero sen dar comenzo as obras con múltiples retrasos no mesmo) son corresponsables de que o capital privado vaia a facer “o seu agosto” coa sanidade pública.

En roda de prensa conxunta coa nº 2 da lista e traballadora sanitaria Eva Solla, Rubén Pérez convén lembrar que a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na “Lei 15/97 de Habilitación de nuevas formas en el sistema nacional de salud” foi apoiada no parlamento español polo PP + PSOE e os sucesivos intentos de IU de botála abaixo atoparon o voto negativo de PSOE e PP.

O candidato de ESQUERDA UNIDA considera que cómpre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ó PP.

O candidato de EU fixo un chamamento a mobilización activa pola defensa da sanidade pública, apoiando a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. Por iso pedimos a todos/as acudir á MANIFESTACIÓN que terá lugar en Vigo o día 27 de outubro, con saída ás 20:00 h con saída dende o Hospital Xeral.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: