ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A INICIATIVA CIDADÁ EUROPEA PROMOVIDA POR CC.OO E UXT “A AUGA É UN DEREITO HUMANO”

O procedemento da iniciativa, impulsada pola Federación Europea de Servizos Públicos (EPSU), é un novo mecanismo de participación da cidadanía europea, que require o respaldo dun millón de firmas de 9 Estados Membro, cun 1% do censo de cada un deles. Esquerda Unida mostrou o seu apoio á iniciativa “A auga é un dereito humano” [...]

ESQUERDA UNIDA CHAMA A MOBILIZARSE O 29 DE FEBREIRO

O CONSELLO LOCAL DE EU DE VIGO CHAMA A PARTICIPAR Á CIDADANÍA NA XORNADA DE ACCIÓN EUROPEA CONVOCADA POLO SINDICALISMO DE CLASE EUROPEO E QUE NA DEFENSA DO EMPREGO, OS SERVIZOS PÚBLICOS E CONTRA O GOLPE DE ESTADO EN MATERIA LABORAL. A devandita mobilización está convoca pola CES (Confederación Europea de Sindicatos), nas vésperas do [...]

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADARÁ OS PROBLEMAS DO NAVAL VIGUÉS AO SEU EURODEPUTADO WILLY MEYER PARA QUE RECLAME NO PARLAMENTO EUROPEO SOLUCIÓNS PARA O FUTURO DO SECTOR

EU solidarízase cos traballadores de Barreras pechados no asteleiro e recorda que é o goberno o que ten que mover ficha para defender un sistema de financiación alternativo ao tax-lease se ese non pode ser empregado de acordo a fiscalidade europea. En todo caso EU considera que esa suposta fiscalidade ten servido para destruir moito [...]

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ANTE O PLAN DE TRANSPORTE 2050 EUROPEO

PARA ESQUERDA UNIDA DE VIGO A ESTRATEXIA  DO GOBERNO CENTRAL DE PRIVATIZAR RENFE OPERADORA E ADIF CAMINAN CONTRASENTIDO DA NOVA ESTRATEXIA EUROPEA TRANSPORTE 2050 PARA REDUCIR AS EMISIÓNS. A Comisión Europea ven de adoptar unha iniciativa global para lograr un sistema de transporte competitivo que aumente a mobilidade e reduza as emisións, denominada “Transporte 2050”. [...]

ESQUERDA UNIDA PREGUNTA EN BRUSELAS SOBRE O ESTADO DO PROCEDEMENTO DE INFRACCIÓN ABERTO CONTRA ESPAÑA POLA POLÍTICA DE DEPURACIÓN DE AUGAS EN VIGO E GALICIA.

O enésimo aplazamento da adjudicación da nova depuradora amosa para ESQUERDA UNIDA que o proxecto non vai dar solución ao problema real de depuración de augas en Vigo e que precísase un modelo alternativo de sistemas de depuración que non impliquen o emisario submarino e a construcción dunha Macrodepuradora. EU sostén que o sistema ten [...]

Esquerda Unida logra que a Comisión de Peticións manteña abertas as queixas presentadas sobre a lei de costas que afectan a Galiza

O EURODEPUTADO WILLY MEYER RECALCOU A IMPORANCIA QUE TEN PARA ESQUERDA UNIDA A ORDENACIÓN DO TERRITORIO E A PROTECCIÓN DO LITORAL ESQUERDA UNIDA, QUE ESTÁ A FAVOR DA LEI DE COSTAS, REXEITA A SÚA APLICACIÓN ARBITARIA E ASIMÉTRICA Logo dun intenso debate o eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, logrou que a Comisión de Peticións [...]

Esquerda Unida presentou hoxe, na Comisión de peticións do Parlamento europeo, a ampliación da denuncia sobre a planta de gas

O eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, vén de presentar no día de hoxe, na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a ampliación da denuncia sobre a planta de gas de Reganosa.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU, amosa a súa satisfacción por conquerir manter aberta a denuncia no seo da Comisión de Peticións diante dos novos e flagrantes datos que dan a razón a denuncia presentada por EU e a elaborada polo Comité de Emerxencia, integrado por máis dunha sesentena de entidades e asociacións….

Willy Meyer propón en Bruxelas unha visita do Parlamento Europeo para avaliar a contaminación da Ría de Vigo

O pasado día 28 tivo lugar unha reunión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que abordou a problemática da contaminación da Ria de Vigo, especialmente ante a prevista ampliación da depuradora de Lagares. O eurodiputado de EU, Willy Meyer, destacou a necesidade de preservar a biodiversidade da Ría. Por ese motivo, pediu que as peticións quedasen abertas e propuxo á Comisión que estudase a posibilidade de desprazarse a Vigo para realizar un estudo integral da Ría de Vigo…

Esquerda Unida considera que a Xunta apúntase o modelo neoliberal de construcción europea ó permitir operar ás firmas lusas en Galicia coas condicións laborais do país de orixe.

Para Esquerda Unida é a demostración palpable de que cando denunciamos o proxecto de Constitución Europea e a directiva Bolkestein de liberalización de servicios sabíamos perfectamente o interese do capitalismo de poder reventar os convenios e a lexislación laboral vixente. Por isto pide as forzas sindicais como UGT e CCOO, que no seu día apoiaron a Constitución Europea que asuman o erro e loiten contra este intento da Xunta de reventar a negociación colectiva en Galicia….

Meyer esixe á UE que exclúa a Honduras do acordo de Asociación mentres non se restitúa a orde constitucional

O eurodiputado e responsable de internacional de IU Willy Meyer condenou onte o golpe de estado militar en Honduras. Meyer dirixiuse a Javier Solana, Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común da UE e a Benita Ferrero-Waldner, Comisaria de Asuntos Exteriores para insistir en que a UE debe garantir a restitución da orde constitucional en Honduras tras o secuestro do Presidente hondureño Manuel Zelaya e da Ministra de Asuntos Exteriores Patricia Rodas.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 28 segidores