ESQUERDA UNIDA INICIA UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E DE RECOLLERÁ SINATURAS PARA SOLICITAR QUE A PRÓRROGA A AQUALIA SEXA SOMETIDA Á “CONSULTA CIDADÁ”

EU pretende recoller o 8% de sinaturas do censo electoral de Vigo tal e como solicita o ARTIGO 35 do Regulamento de Participación cidadá de Vigo e a Lei Orgánica 2/1980 sobre referendos e as súas modalidades. A campaña de recollida de sinaturas que desenvolverase por todos os barrios e parroquias de Vigo estará acompañada [...]

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOSTA POLO MODELO FRANCÉS ACTUAL DA XESTIÓN DE AGUAS POLO QUE DEFENDERÁ A REMUNICIPALIZACIÓN ANTES QUE A PRÓRROGA A INTERESES PRIVADOS COMO AQUALIA EN VIGO.

ESQUERDA UNIDA recorda que en Francia dende 2000 e tras centos de denuncias dos procesos de privatizacións dos anos 80 e 90 (alguns deles con condenas de cárcere como no caso da privatización do servicio de augas de Grenoble) centos de concellos franceses están recuperando o servicio municipal de augas, entre eles París que dende [...]

MOTIVOS PARA INDIGNARSE ANTE A PRÓRROGA DE AQUALIA EN VIGO

O recente anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) supón unha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da [...]

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA INAPLAZABLE A CONCRECCIÓN DUNHA NOVA CULTURA DA AUGA EN VIGO

Rubén Pérez recorda que existía no rural vigués un valiosísimo sistema de rego en forma de pequenos afluentes e que paulatinamente foi conectado a rede de sumidoiros polo Concello en vez de crear lagunizacións e balsas de reserva. O propio concello en 2007 estimou esta auga que se perde directamente á rede en 180.000 litros [...]

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O DEBATE DA FUTURA ÁREA METROPOLITANA NON PODE SUSCRIBIRSE A QUEN A PRESIDE SENÓN SE A XESTIÓN DOS SERVIZOS E RECURSOS SERÁ PÚBLICA OU PRIVATIZADA.

Para o coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez o discurso personalista sobre quen presidirá á área metropolitana é vergoñento sobre todo se nin siquera se ten artellado se os servicios metropolitanos: auga, transporte, residuos, ect… se van a xestionar dende o público ou serán privatizados para seguir perdendo control público sobre os [...]

Esquerda Unida pide unha política racional no abastecemento e no pago da auga en Vigo

O candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo Rubén Pérez manifestou hoxe que na nosa cidade a xestión da auga de abastecemento e do seu saneamento é socialmente inxusta, medioambientalmente insostible e ademáis temos o risco de restriccións cando chove menos. É inxusto porque no recibo da auga págase un mínimo de 30 m3/recibo [...]

Esquerda Unida de Vigo rexistra unha moción no Concello para que se posicione en contra da lei de augas da Xunta

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez recorda que coa aprobación da lei 9/2010, de Augas de Galicia, o Parlamento Galego abre un panorama regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respeito dun ben fundamental como é o auga. [...]

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 27 segidores