RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

ESQUERDA UNIDA APOIA E PARTICIPA MAÑÁ A MOBILIZACIÓN CONTRA A SUPRESIÓN DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO

Para EU a proposta realizada polo Consello Xeral do Poder Xudicial e asumida polo Ministerio de Xustiza supón un revés para os intereses dos cidadáns en xeral, do xusticiable en particular e un agravio especial á cidade de Vigo, como realidade non só xeográfica, senón de espazo organizado de servizos públicos e de vertebración territorial.

A supresión dos partidos xudiciais é contraria ao interese xeral por canto non garante nin máis recursos nin maior eficacia na prestación dun servizo público esencial como o é a Administración de Xustiza. A reorganización do mapa xudicial preténdese realizar sen diálogo cos cidadáns afectados, sen debate político e institucional cos municipios afectados e sen a anuencia dos profesionais.

A desaparición dos partidos xudiciais non se vai a facer en aras dun mapa xudicial máis racional ou acorde aos intereses do xusticiable, senón que parte dunha realidade que segue escondendo o principal problema para os cidadáns: a falta de xuíces, a carencia de medios e o insuficiente financiamento dunha Administración que require dun gran investimento para ser modernizada e para ser eficaz.

Esixe que o debate sobre a modificación da Lei de Demarcación e Planta non se aborde se previamente non se afronta a urxente necesidade de aumentar o nº de xuíces en España, e de recursos para a Administración de Xustiza. Para EU é necesaria pre a garantía de prestación de servizos ineludibles: quenda de oficio, dereito de defensa a inmigrantes, informatización dos xulgados actuais, recursos para as fiscalías, aumento do nº de xuíces e especialización dos mesmos.

INSTAMOS a partidos e institucións a DEFENDER unha Xustiza próxima ao cidadán, rápida e eficaz,a ESIXIR que calquera modificación da planta xudicial se realice con criterios de ordenación territorial racionais, que prioricen a comarcalización e que teñan en conta, que determinadas comarcas, pola súa situación económica desfavorable, necesitan de maior esforzo por parte das administracións públicas, para fixar servizos e poboación como estratexia de futuro.

ESQUERDA UNIDA DUDA DA SOLVENCIA ECONÓMICA DE EUROFUND E DENUNCIA QUE A SOCIEDADE CREADA PARA LEVAR ADIANTE O PROXECTO TEN UN CAPITAL SOCIAL DE 3.006 EUROS.

O coodenador local de EU en Vigo Rubén Pérez considera que os inversores non terán responsabilidade patrimonial e que EUROFUND volta a realizar a mesma xogada que noutros concellos de estado, rexistrando no Rexistro Mercantil unha sociedade EUROFUND INVESTMENTS PORTO CABRAL SOCIEDAD LIMITADA de pouco máis de 3000 euros de capital social, polo que podemos perfectamente cun proxecto nada claro e orientado á especulación pura e dura de terrenos rústicos. Lembra que esta cifra, que da a contabilidade social, é a que marca a participación dos socios e a solvencia da sociedade.

EU lembra que xurídicamente non é a matriz holandesa á que acude ao concurso senón una sociedade unipersonal española polo que ten que cumplir os requisitos de solvencia recollidos no PROCEDIMIENTO DE CONTRATACION PÚBLICA. Os anuncios de “socios inversores” de EUROFUNDS son meros globos sonda xa que se son inversores que poñan “os cartos enriba da mesa no momento da licitación”

Estaremos atentos á mesa de contratación e as propias escrituras da empresa concursante xa que consideramos que non hai solvencia para entregarlle medio millón de metros cadrados de superficie forestal.

EU esixirá ao interventor do Concello de Vigo que evite casos como o de Collado Villaba onde o pleno do concello, previo informe negativo do interventor, parou a concesión dos terrenos a esta empresa, neste caso Eurofund Investments A Vila S.L. ao entender que o convenio urbanístico perxudicaba de xeito evidente ao concello e non ofrecía a solvencia económica necesaria.

EU oponse radicalmente a este proxecto por causas medioambientais, de usos futuros do noso monte, económicas e de impacto sobre o pequeno e medio comercio pero, “somos conscientes de que proxectos como estos se paran na propia tramitación legal, acudindo a fiscalia se é preciso”.

ESQUERDA UNIDA LAMENTA O FALECEMENTO DA NOSA COMPAÑEIRA MARIA LUISA FERNÁNDEZ, ACTIVISTA SOCIAL E CANDIDATA Á ALCALDÍA DE VIGO POR EU EN 2007

maria-luisaO coordenador local de EU Rubén Pérez, lamentou hoxe o falecemento da compañeira Luisa, figura referencial de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente: Comités anti-sida; o IMAN, a Marcha Mundial das Mulleres, etc..

Para o coordenador local de EU en Vigo: “Luisa ensinounos a toda unha xeración de mozos e mozas que nos incorporáramos á militancia política nos 90 que esta non tiña sentido sen unha interlocución sinceira e activa co tecido social”. Foi mestra no laboral pero tamén mestra de todos os homes e mulleres de EU. O cariño e a vontade de buscar espazos comúns para todos as forzas de esquerda da cidade foron sen dúbida o mellor dos piares que ela nos deixou e que hoxe fortalecen o proxecto da esquerda transformadora na nosa cidade.

Mestra. Natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres. Membro tamén da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal.

O coordenador local de EU lembra o compromiso militante de Luisa, que en tempos difíciles para a organización non dubidou en aceptar ser cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA nas municipais de 2007 en Vigo cando a organización solicitoullo.

Nestes tempos duros, de recortes e de pauperización da vida e dos servicios sociais, notaremos sen dúbida o traballo e o cariño e ánimos da nosa querida Luisa

Que a terra lle seña leve. Gracias por todo compañeira

17 DE MAIO TAMÉN CONTRA A LGTBfobia

17MaioContraLGTBFobia

A DEPUTADA EVA SOLLA LÉMBRALLE AO PP QUE NO CORPO DAS MULLERES SÓ MANDAN AS MULLERES

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE PP ESTÁ BOTANDO UNHA CORTINA DE FUME SOBRE O PROBLEMA REAL DO FUTURO HOSPITAL DE VIGO

Para EU de Vigo o debate sobre as obras de infraestructuras e accesos que ten que facer supostamente o concello de Vigo que hoxe introduzo o PP no parlamento é o “problema menor” que agora ten todo o proxecto do novo hospital.

Esquerda Unida sigue considerando que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que o feito de estar concebida mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada coloca todo o proxecto a unha exposición a inestabilidade empresarial e financeira que estamos vivindo no país.

Igualmente considera que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especifícase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes o deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

A DEPUTADA EVA SOLLA DENUNCIA AS CONSTANTES MENTIRAS E INCUMPLIMENTOS CO HOSPITAL DE VIGO

VÍDEO DO ACTO PÚBLICO SOBRE A LOMCE

ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O PLENO DO CONCELLO PIDA E PUBLICITE O DESGLOSE DA CONTABILIDADE DAS ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS MUNICIPAIS

PARA EU ESTA INFORMACIÓN DEBERÍA SER PÚBLICA E INCLUÍDA NA DOCUMENTACIÓN EXPOSTA NA WEB MUNICIPAL

Concello_de_VigoEU lembra que a Lei Reguladora de bases de réxime local xa obriga aos grupos municipais a levar unha contabilidade específica de dotación económica que se lles asigne que “porá a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o solicite”. Polo tanto se o Pleno non o solicita descoñécese esta contabilidade públicamente.

Sería bo que a cidadanía coñecera esta para evitar a sospeita contínua que a cidadanía expresa sobre estos recursos públicos e que lamentablemente viuse confirmada no caso do grupo municipal socialista do Concello de Ourense.

Considera que o Concello debe garantir que con estes recursos “non se está a pagar outro tipo de cousas que non señan as estrictamente recoñecidas pola lei” evitando que dita cantidade seña destinada ao pagamento de remuneracións de persoal, á adquisición de bens que constitúan activos fixos patrimoniais, ou mesmo a actividade orgánica interna dos partidos.

EU lembra que entre a constitución dos grupos en 2007 e a de 2011 esta asignación elevouse case un 10% no caso do PSOE, dun 2% no caso do BNG e diminuíu un 8% no caso do PP por decisión propia neste caso do propio partido. Considera que este montante, unido ás retribucións do alcalde e dos concelleiros (Alcalde 65.220,01 €, Dedicación exclusiva 56.141,23 €, Dedicación parcial de 26 horas 38.761,20 €, Dedicación parcial de 19 horas 28.070,62 €, Dedicación parcial de 9 horas 13.648,65 €) suma un importe o suficientemente considerable para que seña desglosado ao miúdo na web do concello como forma de transparencia e a fin de evitar suspicacias ante o exemplo nefasto que estamos a sufrir no Concello de Ourense.

EU non entendo como nun contexto de crise brutal en 2011 e atendendo ao previsible recorte de recursos económicos e públicos os grupos non fixeron un esforzo de “austeridade” real, a do PP, solicitando unha rebaixa do 30% foi puramente publicitaria fronte a unha realidade de mantemento innecesario das dedicacións exclusivas e parciais.

Na actualidade o PP recibe 39.150 euros, o PSOE 36.050 e o BNG 23.650 por acordo plenario sen que dende 2007 se solicitara públicamente a contabilidade destas partidas en pleno.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: