17 DE MAIO TAMÉN CONTRA A LGTBfobia

17MaioContraLGTBFobia

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Recortar en políticas de Igualdade é profundar na Violencia contra as Mulleres

A violencia contra as mulleres, a violencia sexista e machista, non só non ten tregua senón que, ademais, vaise adaptando aos novos tempos nos que, por desgraza, está atopando maior respaldo. Un dos peores males que pode padecer a sociedade, é a misoxinia e esta estase expandindo ás súas anchas. Os discursos que se escoitan desde todas as frontes políticas e institucionais, están dirixidos a opinar ou a emprender medidas que supostamente van solucionar a crise, sen que desde o goberno central, os autonómicos ou os locais, expóñase de forma decidida que entre o innegociable das súas políticas, debe atoparse a igualdade entre mulleres e homes e as políticas contra a violencia de xénero.

A nivel mundial as mulleres temos menores salarios en iguais traballos, dobres e triplas xornadas de traballo, feminización da pobreza, menos oportunidades, traballos provisionais, responsabilidade dos coidados, menores taxas de actividade, taxas ínfimas de representación, somos asasinadas por defender a educación das nenas, os burkas non caen, lapidan por defender a liberdade, úsase o ácido para reprimir a corporalidade, aumentan os feminicidios de mulleres novas e pobres, a explotación sexual de mulleres e nenas para a satisfacción de prostituidores e enriquecemento das mafias, así como o encarceramento por defender o feminismo laico e sen fronteiras,…

En España aínda se permiten declaracións de altos cargos que incitan á violación, ameazas de modificación regresiva da Lei de Aborto, sentenzas xudiciais a favor do acoso sexual, asasinatos que non paran, proteccións que non chegan, divorcios que non poden realizarse por falta de diñeiro, linguaxe institucional cada vez máis machista, programas televisivos que potencian a desigualdade, subvencións á educación segregada por sexos, continuar co desmantelamento que empezou o PSOE, e que continuou o PP, de organismos de igualdade, de recursos públicos, … Con quen se ten a débeda, só con bancos?

Desde EU ESIXIMOS que a violencia contra as mulleres debe ser eliminada definitivamente das nosas vidas e para iso, é necesario:

· que as mulleres teñamos o dereito a decidir sobre o noso corpo.
· que a violencia de xénero: malos tratos psíquicos, agresións físicas, violencia sexual,… non sexa invisibilizada, nin minimizada polas institucións e a sociedade.
· que as mulleres non sexamos acosadas laboral nin sexualmente.
· que as mulleres teñamos dereito á igualdade laboral: sen discriminación salarial e en igualdade de oportunidades e de dereitos.
· que a sociedade sexa paritaria nos mellores aspectos que a fundamentan e definen e que se recoñeza a débeda que a Historia ten contraída connosco.
· que o goberno central e os gobernos autonómicos e os concellos, centren os seus esforzos en consolidar a igualdade e a non violencia de xénero.

 

A concentración en Vigo será este Domingo 25 ás 12:00h na Farola de Príncipe.

Manifesto de Esquerda Unida do 25 de Novembro

PREME NA IMAXE PARA LER O MANIFESTO

 

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UN MANIFESTO CIDADÁN EN APOIO A CANDIDATURA DESTA FORMACIÓN NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O manifesto asinado entre outros polo histórico avogado laboralista Fernando Randulfe, o catedrático de economía aplicada Xose Luis Outes, o escritor e académico Xesús Alonso Montero ou os secretarios das unións de CCOO de Arousa e Pontevedra entre outros quere ser vontade constructiva da esquerda plural tan necesaria.

O manifesto recolle sinaturas do mundo da cultura, do ensino público universitario e medio, do cine e o teatro, do sindicalismo de clase de hoxe e o histórico, un amplo espectro duna Galicia real que quere unha esquerda real e alternativa O candidato de EU pola Provincia, Rubén Pérez considera un honor que senté tan significada da loita polas liberdades democráticas, polos dereitos sociais e laborais sumen o seu nome a unha vontade colectiva e plural como é a candidatura de EU ao congreso por Pontevedra. Un “compromiso” que recollemos honradamente os homes e mulleres de EU-OV para defender o que acertadamente recolle o párrafo final do manifesto: sempre adiante, sempre á esquerda. O manifesto será presentado públicamente no ACTO DE PECHE de campaña de ESQUERDA UNIDA que se vai a celebrar no CENTRO CÍVICO DE TEIS o VENRES 18 ás 20:00 horas e que contará coa intervención final do propio candidato de EU ao Congreso Rubén Pérez e firmantes do manifesto.

Memoria histórica, republicanismo tamén dende o municipalismo de esquerdas

PROPOSTA PARA O DEBATE PROGRAMÁTICO:

MEMORIA HISTORICA, REPUBLICANISMO TAMÉN DENDE O MUNICIPALISMO DE ESQUERDAS.

 

  1. A memoria histórica e a vindicación dos valores republicanos non é para ESQUERDA UNIDA un feito nostálxico, unha actividade cultural ou un capítulo histórico, é parte indispensable da rexeneración democrática do noso país que quedou aparcada polo pacto da chamada transición democrática. Hoxe, xa ninguén é deudor desa etapa política polo tanto falar de República, de exilio, de represaliados é falar de democracia e de restauración de dereitos civis e humanos.
  2.  

  3. Quedan aínda miles de familias con familiares desaparecidos, miles de represaliados aínda vivos, de persoas con vidas alteradas polo exilio, etc… polo tanto non é un feito histórico ou pretérito, é un feito actual e cercano a todos nós. Recentemente o concello de Vigo pedia ós familiares do dirixente comunista vigués Francisco Barreiro Barciela, fusilado en 1941 nun dos procesos militares máis coñecidos do franquismo, o proceso “Larrañaga e Dieguez”, que demostraran a defunción deste home para solventar a titularidade de nichos no cemiterio de Pereiró, o que amosa como se ocultou e borrou a nivel municipal a represión sobre os conveciños.
  4.  

  5. Non se teñen dado pasos para equiparar ós presos políticos do tardo-franquismo cos da postguerra inmediata a contenda. O caso do vigués Baena a dos represaliados no 72 en Vigo e Ferrol é evidente. ESQUERDA UNIDA ten presentado durante o goberno bipartito unha proposición de lei no PARLAMENTO GALEGO para elo sen obter máis que boas palabras por parte do entón presidente Touriño (militante comunista na clandestinidade) e do conselleiro de presidencia.

 

Leer máis…

Manifesto de Esquerda Unida 8 de Marzo

Este 8 de marzo, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á unidade de acción, de tódalas organizacións de mulleres na loita contra o capitalismo e o patriarcado.

Aínda recoñecendo os avances na igualdade e xustiza social conseguidos polas mulleres. Trala crisis global, o sistema capitalista que responde exclusivamente ás necesidades empresariais, usa e abusa da mán de obra femenina e recorta as míseras prestacións, provocando graves exclusións.

Situámonos fronte de quenes defenden o ataque ao sistema público de pensións, acordo que agudizará a desigualdade das mulleres, acrecentando a feminización da pobreza e reforzando, ainda máis, o sistema de división sexual do traballo.

A sostenibilidade da vida, atópase ao servizo da acumulación do capital. A conciliación é unha gran mentira. Nin o estado nin o mercado asumen a responsabilidade dos coidados. Éste recae no fogares, e a súa vez, nas mulleres.

Existe un incremento de servizos dos coidados, pero son un parche, e se dan nun contexto de forte privatización do público. Queremos coidar replantexando o modelo, baixo a premisa de que o prioritario non é o mercado, nin o coidado axeno, senón as nosas propias vidas.

Dubidamos dun modelo no que se plantexa a inexisencia de responsabilidade e de coidados sobre ninguén, incluso por riba das propias necesidades; onde cada dia libremente poñemonos a enteira disposición das ilimitadas demandas da empresa. É necesario converter o dereito do empleo digno e para todas as persoas nun medio, non nun fin en sí mesmo. A feminización das migracións e da mercantilización dos fogares da lugar a unha forte redistribución diferenciada dos coidados entre mulleres, marcada pola clase social, a etnia, e a situación migratoria.

Á debilidade estrutural do mercado laboral femenino, engádese a infrarrepresentación das mulleres en cargos de responsabilidade, en empresas, e en administracións públicas.

 

Dende Esquerda Unida, facemos un chamamento á movilización das mulleres por:

 

  • Unha política laboral, fiscal e social, ao servizo da redistribución xusta dos recursos e solucións urxentes aos colectivos máis vulnerables: traballadoras domésticas (cambio do réxime especial das empregadas do fogar), mulleres xóvenes, migrantes (igualdade de dereitos coas demás), do ámbito rural, e monoparentais.

 

  • A defensa dos servizos públicos e o incremento do gasto social.

 

  • Corresponsabilizar a tódala sociedade do sostemento da vida. Unha vida que merezca ser vivida. As persoas como suxeitos políticos, fronte ao concepto de seres mercantís.

 

  • Corresponsabilizar no fogar a tódolos homes, reducción xeralizada da xornada sen perda do salario e prestacións.

 

  • Dereito ao traballo, pero tamén ao coidado e ao tempo libre. A coidar con condicións laborais xustas e eliminación de prestacións para o coidado, incompatibles có traballo asalariado (art. 18 da Lei de Dependencia e en recoñecemento de 9 meses de cotización polo coidado dun/ha fillo/a pactado no “pensionazo”).

 

  • Defendemos a custodia compartida cando sexa posible e non por obriga, tal e como se recolle na lexislación actual. A imposición xudicial por norma, sen consenso entre as partes, nun contexto de desigualdade coma o actual, non beneficia nin aos menores, nin é un paso adiante cara a construcción da igualdade.

 

Dende Esquerda Unida priorizamos a loita contra tódalas formas de violencia contra as mulleres, denunciando e esixindo aos gobernos, políticas encamiñadas a abolir o feminicidio, a ablación, a lapidación e a explotación sexual que sofren miles e miles de mulleres no mundo.

Esquerda Unida de Vigo rexistra unha moción no Concello para que se posicione en contra da lei de augas da Xunta

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez recorda que coa aprobación da lei 9/2010, de Augas de Galicia, o Parlamento Galego abre un panorama regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respeito dun ben fundamental como é o auga. O texto contempla varias cuestións que supoñen unha regresión sobre a actual situación e que moven a ESQUERDA UNlDA a recabar un pronunciamento a prol da súa modificación por parte do concello de Vigo

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que este modelo regresivo súmase ao feito de que en Vigo a concesión privada da xestión de auga enfatiza un modelo de despilfarro por canto os cidadáns pagamos un mínimo de metros cúbicos independetemente de que non sexan consumidos e aposta por volta ao público a concesión unha vez remate nos próximos anos a concesión privada. “Unha empresa de augas municipal é pública é rentable e enfatiza o consumo social e responsable dun recurso tan importante como a auga” engadíu o candidato de ESQUERDA UNIDA.

Texto moción

 

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Esquerda Unida de Vigo chama a cidadanía viguesa a impulsar e participar na mobilización do 18 de decembro convocada por CCOO e UXT en Vigo

Rubén Pérez Correa

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e candidato nas vindeiras eleccións municipais, Rubén Pérez Correa, recorda que xa son palpables na nosa cidade os efectos da reforma laboral do PSOE. O coordenador de EU coincide con CCOO na necesidade de outra folga xeral canto antes ante a situación límite de centos de traballadores activos ou desempregados na nosa cidade.

Rubén Pérez denunciou hoxe que a formación de esquerdas está constatando o aumento dos despedimentos en técnicos e profesionais cualificados (hay un aumento dun 18% nos despedidos no mes de Novembro con titulación universitaria con respecto ao 2009) feito relacionado coa posta en vigor da reforma laboral xa que antes as empresas non os despedían polo custe da indemnización. Igualmente EU denuncia que esta reforma está precarizando o emprego na nosa cidade ante a evidencia de que case todos os contratos creados nas oficinas de emprego de Vigo son eventuais ou simplemente precarios.

Para ESQUERDA UNIDA trala primeira fase de loita contra a Reforma Laboral, que culminuo na Folga Xeral, e necesario reforzar un calendario de mobilizacións ante as gravísimas consecuencias que a reforma laboral está xenerando na nosa cidade. Dende empresas do sector do metal, auxiliares do naval ate fundacións públicas ou privadas están empregando as causalidades do despido obxetivo que contén a reforma do goberno para despedir a parte ou total da súa plantilla con 20 días por ano.

Por iso ESQUERDA UNIDA chama á cidadanía a participar activamente na movilización do sábado 18 ás 18 horas dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Día mundial de loita contra a sida que decenas de personas na nosa cidade, portadores do virus, durmen nas rúas pola neglixencia do alcalde Abel Caballero

ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA NESTE 1 DE DECEMBRO “DIA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA” QUE DECENAS DE PERSONAS NA NOSA CIDADE PORTADORES DO VIRUS DURMEN NAS RÚAS POLA NEGLIXENCIA DO ALCALDE ABEL CABALLERO.

TAL E COMO DENUNCIAN ORGANIZACIÓNS SOCIAIS E CIVÍS DA NOSA CIDADE A SIDA ESTÁ PRESENTE EN MOITOS ÁMBITOS ESQUENCIDOS E SILENCIADOS, COMO AS PERSONAS CON TOXICODEPENDENCIAS QUE SON OBRIGADOS A DURMIR AO RASO, CRONIFICANDO A ENFERMIDADE

EU pide urxencia e vontade política na consecución dun albergue e centro de reinserción nun día como o de mañá 1 de decembro DIA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA, nun contexto de abandono institucional das personas  portadoras do virus, especialmente as contaxiadas por compartir xeringas que siguen existindo na nosa cidade aínda que o Concello non o queira ollar. Personas que viven na rúa, que durmen nos portais da nosa cidade e que ven agravarse as enfermidades derivadas de ser portadoras do virus por non existir un centro donde gozar das mínimas garantías médicas, do seguimento especializado ou mesmo do simple acollemento do frío e da choiva que agravan terriblemente enfermidades como neumonías.

EU pide que lonxe de declaracións demagóxicas por parte do PSOE e do BNG abran xa un centro de inserción social na nosa cidade, sen demoras e como actiuación política prioritaria.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Memoria do 36: ABAIXO A CRUZ “dos caídos” – Sábado 27 de Novembro ás 17:00

FACEMOS UN CHAMAMENTO AOS PARTIDOS POLÍTICOS, SINDICATOS, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, DEPORTIVAS E TODAS AQUELAS PERSOAS DEMÓCRATAS PARA APOIAR NESTA ACTIVIDADE.

Esixir o derrube da cruz é unha das obrigas que nos impoñen os Estatutos da Asociación.

Fieis os nosos principios, seguiremos denunciando a aldraxe que supón a presenza nun lugar público dun símbolo en homenaxe do horror nazi-fascista inaugurada por Franco o 14  de setembro do 1961.

Insistentemente vimos demandandolle ó  alcalde a súa atención para con esta Asociación, nomeada “Viguesa Distinguida” no ano 2007, dando como resposta o silencio.

O desprezo que o Sr. Alcalde demostra, despois de catro requerimentos para ser recibidos,  non é propio dun demócrata senon mais ben dun persoeiro intolerante.

Lembrar que o PSOE promoveu e aprobou a lei da MEMORIA HISTÓRICA  e tres anos despois seguen sin cumplir o que é unha lei de obrigado cumprimento que non precisa de ningún outro órgano administrativo.

Este incumprimento inclúe tamén  aos partidos políticos que no Parlamento español e no Senado votaron favorablemente.

A directiva da Asociación Viguesa pola Memoria do 36
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: