Para EU, que BNG e PSOE declaren públicamente positivo que o incremento de recadación do IBI sirva para artellar plans de emprego demostra que parecen “moi despistados” no que supón facer política social de esquerdas. Para ESQUERDA UNIDA o lóxico sería modificar á ordenanza municipal e que os incrementos previsibles (10% acordado polo consello de ministros máis o 3,8 aprobado en pleno por PSOE e BNG) non apliquen a desempregados, familias con ingresos por debaixo de 15.000 euros anuais ou pensionistas con pensións non contributivas. Todo en vez de subir un imposto que aplica indiscriminadamente a rentas baixas e altas para financiar plans de emprego que en Vigo teñen amosado inútiles para a creación de emprego.
EU recorda que o concello ten máis posibilidades de creación de emprego que crear PLANS DE EMPREGO que quedan no simple feito de presentar á prensa o plan, facer unha web e contratar a xestores do propio plan pero sen capacidade de xenerar emprego ou emprego decente que non sexa o puramente asistencial que crea o propio concello en brigadas de limpeza ou similares.
Para ESQUERDA UNIDA ó concello pode crear emprego dende diversas formas:
- Recuperando unha EMPRESA MUNICIPAL DE VÍAS E OBRAS que asegure o mantemento preventivo e as repacións viarias na cidade dende a creación de emprego estable e o reparto do emprego, empresa que terá unha plantilla cunha xornada máxima de 35 horas por lei para fomentar a contratación pública
- Remunicipalizando servicios privatizados como o da auga e establecendo ratios óptimos de plantilla que prioricen ó emprego e non ó beneficio por enriba do equilibrio de gastos-ingresos.
- Creación dunha EMPRESA MUNICIPAL AGRO-FORESTAL seguindo o exemplo de Concellos similares en poboación (Rivas Vaciamadrid) que incluso teñen menos superficie rústica que o noso concello
- Control nos plegos de concursos públicos de que os servicios ofrecidos ao concello priorizan ó emprego e a contratación regular.
- Creación dun CONSELLO MUNICIPAL DE EMPREGO participado por cámara de comercio, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións sociais para establecer as prioridades de gasto público en políticas de emprego evitando plans mediáticos pero inútiles para crear emprego
Arquivado en: Noticias | Etiquetado: Esquerda Unida,IBI,Política municipal,Vigo | Deixar un comentario »



Bandeiras negras (pdf)





ESQUERDA UNIDA PIDE IGUALMENTE QUE CONCELLOS E GOBERNO AUTONÓMICO ELABOREN UN PLAN DE TRANSPORTE AEROPORTUARIO COLECTIVO QUE EVITE A COMPETENCIA ENTRE OS AEROPORTOS GALEGOS.
Dende onte permanece aberta na Galería Sargadelos de Vigo (Rúa Urzáiz 17) unha exposición retrospectiva sobre a vida de MERCEDES NÚÑEZ TARGA (Barcelona 1911-Vigo 1986) militante comunista que pasou pola experiencia terrible do campo de concentración nazi de Ravensbrüch e da que recentemente veñen de ser publicadas por primeira vez en castelán as súas memorias sobre esta terrible experiencia.
Para Rubén Pérez as medidas aprobadas en Consello de Ministros o pasado 30 de decembro actuán de xeito negativo no desenvolvemento de servicios e inversións ás entidades locais, polo que un Concello como o de Vigo debería artellar dende xa unha política impositiva xusta en base ao criterio “quen máis ten máis paga” e unha política de gasto que erradique prácticas populistas como as obras públicas ornamentarias en tempos nos que as obras públicas necesarias (sistema de saneamento, rúas accesibles, alumeado, etc… sufren un deterioro evidente).
Igualmente EU valora como indispensable que en todos os plenos exista un punto da orde do día que contemple a intervención de colectivos e asociacións que así o demanden evitando os recentes problemas que a negativa á darlle voz xenerou na nosa cidade.
O coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez e Eva Solla, da executiva local de EU presentaron onte a campaña de recollida de sinaturas e reparto de información recordando que estamos ante un problema serio de calidade de servicio e de oportunidade para facer da auga e o saneamento non un negocio senón un servicio público eficiente. Rubén Pérez considera indispensable que a esquerda alternativa de unha batalla frontal contra a xestión privada de servicios públicos nun momento no que, nos ámbitos municipais, a eficiencia económica e social




















